A dra. peteiro é unha ave femia moi sabia que é consultora sentimental dos animais. agora podes ler os consellos da experta dra. peteiro sobre calquera tipo de problema relacionado co ciclo da vida, a cadea alimentaria, a dieta e as relacións entre os animais. un diplodocus preocupado polo seu peso ou un utahraptor que quere voar fan preguntas á dra. peteiro. ela ten respostas a preguntas sobre a forma do corpo, a caza, a dieta e a extinción.
