A figura paterna centra os relatos agrupados en papá oso volve á casa, que se enmarcan nun contexto doméstico, da vida cotiá e de familiaridade con outros habitantes do bosque. osiño fainos partícipes dos seus soños e arelas: parecerse ao seu pai e imaxinarse pescando no mar coma él, aínda que teña que conformarse cun tronco a modo de barco e cun peixe pequeno como única captura no río. a noticia do seu regreso ilusiona a osiño coa idea de coñecer unha serea; e con el, outros animais van recibilo, malia que da serea non haxa máis rastro que a hipótesis dunhas burbullas na auga e o rumor do mar nunha bucina. niso se entretiñan osiño e os seus amigos cando ao protagonista deulle un ataque de impo que todos intentan axudarlle a superar aínda que, no intento, rompan a serenidade coa que papá oso le o seu xornal.
