A inesperada aparición da mestra sinistra revoluciona os minimortos. quen será esa muller tan excéntrica? camiña coma se pisase chinchetas, leva un sol enriba da cabeza e está empeñada en obrigalos a estudar. os minimortos non queren saber nada da escola. o deles é xogar, divertirse, facer trasnadas, pasalo xenial... por que esta estraña teima en que vaian ao colexio? esta panda de ultratumba non parará ata descubrir cales son as súas verdadeiras intencións.
