A esmorga é a novela máis popular e lida de eduardo blanco amor. tivo que publicarse por vez primeira en bos aires ante a negativa da censura franquista a permitir que circulasen libremente as traxicómicas peripecias do cibrán, o bocas e o milhomes nunha noite de bebedela polos arredores de auria, a cidade literaria coa que blanco amor reelaborou desde a distancia o seu ourense natal. a esmorga é unha novela na que alcanzan especial brillo as virtudes de blanco amor como escritor. a súa sorprendente potencia lingüística ponse neste relato ao servizo da narración duns feitos que desembocan en traxedia e que metaforizan un mundo sórdido e miserento do que non están exentos a imaxinación, a fantasía e o devezo dunha vida fermosa e mellor.
