A composición filosófica. probas de selectividade ofrécese como un complemento aos libros de texto da materia de historia da filosofía de 2º de bacharelato co obxectivo de preparar a proba de acceso á universidade. achega un total de catorce modelos de exames resoltos que serven de guía sobre como afrontar o exercicio de composición filosófica segundo os criterios vixentes nas probas de acceso aos estudos universitarios (paau). o manual tamén inclúe consellos sobre como enfrontarse á redacción da composición, esquemas de axuda que facilitan a comprensión dos textos obxecto de análise e notas e comentarios con aclaracións útiles para o alumnado.
